sexta-feira, setembro 30, 2005

Lume nunca mais

Deveriamos seguir o exemplo dos nossos amigos Galegos, e em vez de investir em mais aviões e mais combate e tal, promover um debate alargado (e participado por todos) sobre os incêndios florestais.



O vindeiro sábado 1 de outubro a cidadanía galega vai volver saír a rúa para manifestar a súa rabia e indignación perante unha nova catástrofe ecolóxica con terríbeis consecuencias para o noso país, e con causas diversas, incertas ou ocultas para boa parte de nós: os incendios forestais.

As consecuencias dos lumes son nefastas: erosión do solo, destrucción de fauna e flora, deterioración da paisaxe, contribución ao cambio climático global, perdas económicas polo estrago de recursos forestais, perda de biodiversidade,…

No que vai do ano 2005 no Estado español calcináronse arredor de 153.000 hectareas, desta superficie perto de 50.000 hectáreas eran ecosistemas forestais galegos que forón estragados por máis de 10.000 lumes. En Ourense a superficie afectada supera as 25.000 hectáreas.

En Galicia o 99,14 % dos incendios forestais son provocados pola actividade humana (período 1968-2003) polo tanto son evitables e en moitos casos previsibles.

Os galegos e galegas o conxunto da cidadanía somos os que temos que rematar con este grave problema enquistado, con este endemismo anacrónico. Non se pode aturar por máis tempo a situación insostible actual.

Debe abrirse un amplo debate social sobre a problemática dos incendios forestais e débese considerar a política de loita contra incendios forestais como unha política de Estado.
Na busca de solucións deben de participar tódolos grupos políticos, os distintos axentes sociais e económicos do sector, tratar en profundidade as directrices precisas para acadar o necesario consenso contra os lumes forestais.

Non debemos esquecer o deber que todos e todas temos de conservar o patrimonio natural e de facerllo chegar as futuras xeracións, como pouco da mesma forma en que nós o atopamos.

O Noso Monte Importa. Lume, Nunca Máis
(
manifestación a 1 de Octobre en Ourense; sairá ás 20h do Pavillón dos Remedios)

Fonte:O nosso monte importa via Renas.

Sem comentários: