quarta-feira, julho 21, 2004

Prisão injusta

Bernardo Valdés Paços, membro de Nunca Máis Lugo, que participou dunha concentración convocada por Nunca Máis en plena crise do Prestige contra a visita de Mariano Rajoy a devandita cidade, recebiu este mes de xullo a sentenza do proceso xudicial no que se viu envolto por mor da súa participación neste acto, e no que foi acusado de “atentado contra á autoridade” e “lesións”; acusacións das que diversas testemuñas que declararon no xuizo sinalaron como falsas. Neste xuizo as únicas declaracións que se consideraron que tiñan credibilidade foron aquelas realizadas polo membro da Policía Nacional que acusou a Bernardo Valdés Paços; as outras testemuñas carecían de credibilidade e imparcialidade para o xuiz.

Desde Nunca Máis queremos amosar o noso rexeitamento a esta actuación xudicial, a esta sentenza que ataca as liberdades e os dereitos fundamentais, asi como a nosa solidariedade co compañeiro Bernardo Valdés Paços, e desde este momento facemos público que non nos quedaremos calados nen caladas ante esta situación e proximamente anunciaremos actuacións da Plataforma Nunca Máis para denunciar esta situación e para denunciar este ataque contras as liberdades e os dereitos fundamentais dos cidadáns e cidadás no noso país.

Por esta razón facemos un chamamento á solidariedade urxente e masiva co compañeiro Bernardo, polo que estamos a recoller sinaturas de colectivos e persoas. Para facernos chegar as vosas mostras de apoio e solidariedade podedes enviarnos un correo a contacto@plataformanuncamais.org ou un fax ao 982253891 co nome do voso colectivo ou ben cos vosos dados (D.I, profesión e concello). Agardamos as vosas mostras de apoio, non aos suizos políticos!

Sem comentários: