segunda-feira, novembro 15, 2004

Prestige - a memória de um desastre

Ás 15:15 do 13 de novembro de 2002 o petroleiro "Prestige", que navegaba fronte ás costas de Galiza, lanzaba un S.O.S. alertando das súas grandes dificultades. Á deriva durante seis días, acabou por afundir orixinando unha catástrofe ecolóxica e social sen precedentes na nosa historia.

Dous anos despois seguimos á espera de que sexan recoñecidas e castigadas as responsabilidades daqueles que coas súas decisións inapropriadas converteron o accidente nunha traxedia para un país.

Este blog non esquece aos culpábeis da desfeita nin comparte o discurso triunfalista das autoridades, e é conscente de que ningún governo, nin o anterior do PP nin o actual do PSOE, emprendeu as medidas precisas para evitar que algo así volva producirse no futuro. Nunca Máis



O 19 de novembro de 2002 afundía o petroleiro Prestige desencadeando unha das maiores catástrofes ecolóxicas da historia. Durante seis días o vetusto e fráxil barco fora paseado pola costa galega nun exemplo de insensatez moi proprio dunhas autoridades que en ningún momento entenderon as dimensións da traxedia que se nos vinha a todos enriba. Para daquela toneladas e toneladas de chapapote empezaban a chegar até nós, invadindo sen piedade kilómetros e kilómetros de litoral, praias e rochas. O noso prestixioso líder, o Fragasaurio, tomou nese momento unha decisión que nos revela o seu fondo compromiso coa Galiza: foise de caza a Aranjuez. (Leia a crónica completa nos Días Estranhos)



Sem comentários: